domingo, 6 de outubro de 2013

Viaxe dende Vigo ao Acto de homenaxe ás vítimas do franquismo en Montecubeiro (Lugo).

O próximo 13 de outubro, a partir das 12:30 h. da mañan, haberá en Montecubeiro (parroquia do concello de Castroverde, en Lugo), un acto de homenaxe e desagravio ás vítimas do franquismo, onde está un monolito que lembra o asasinato de 15 persoas nesa parroquia no ano 36 por parte dos franquistas.

A Asociación Viguesa pola Memoria Históirca do 36, pon un autobús para as persoas que queiran achegarse connosco a Montecubeiro dende Vigo. O prezo da viaxe é de 12 € € e o xantar de 15 €. A saída  será ás 8.20 horas da Avda de Madrid (frente sanatorio Concheiro)
 
As persoas interesadas que o fagan ao tfn. 986 241 497  ( Telmo )

Dito homenaxe celébrase como unha especie de resposta sensata e civilizada ás declaracións de certo alcalde dun concello limítrofe a Castroverde -Baralla-, que o único que conseguiron é retratar como un franquista "de-toda-a-vida" a ese persoeiro. A Iniciativa Galega pola Memoria -coordenadora galega de grupos memorialistas-, entidade organizadora dese acto, quere dar unha resposta forte e chea de valores cívicos profundamente ancorados en principios liberadores a tais manifestacións do innomeable alcalde. Manifestacións que conforman unha verdadeira apoloxía do franquismo, unha defensa duns principios própios do franquismo máis reaccionario. Feito este, que só é posible pola non penalización da exaltación do franquismo, inxusta medida que ven funcionando desde a promulgación da Lei de Amnistía do ano 1977, que fixo posible que os criminais e as vítimas foran postos nun mesmo nível. A Iniciativa Galega pola Memoria posiciónase desde sempre en contra da dita apoloxía do franquismo, e tamén a favor da derrogación da Lei de Amnistía do 1977, que só conduce e conducíu á impunidade dos crimes franquistas. Por todo isto, convocamos este acto de homenaxe ás vítimas do franquismo do día 13 de outubro, que terá a seguinte programación:

- Intervención do alcalde de Castroverde, máxima autoridade local, Sr. Xosé María Arias.

- Intervención do representante do Delegado da Deputación de Lugo de Cultura e Turismo, Sr. Mario Outeiro.

- Intervención dun membro da Iniciativa Galega pola Memoria, en concreto, o profesor e poeta lucense, Sr. Claudio Rodríguez Fer.

- Intervención dun persoeiro coa suficiente conexión co mundo da cultura, da educación e da non violencia, como é o profesor Federico Mayor Zaragoza, ex-director da UNESCO de 1987 a 1999, e presidente da Fundación Cultura de Paz.

- Actuación da artista galega Mercedes Peón.

Para rematar o acto, a xente que así o decidira podemos ir xantar a Castroverde, ao restaurante A Pereira-2, onde temos contratado alí un menú para celebrar conxuntamente tal evento

Ningún comentario:

Publicar un comentario