xoves, 14 de marzo de 2013

Carta a Asociación VIGUESES DISTINGUIDOS



Sr D. Luis Espada                                                                                
Presidente da fundación “VIGUESES DISTINGUIDOS”

ESTIMADO LUIS
Recibimos a carta en demanda da cota anual de 25€ debido a falta de recursos alleos a Fundación . É de lamentar a baixa dos organismos que deberan apoiala, mais, coidamos e entendemos que é importante que o Concello non aporte recursos economicos porque somente da independencia se pode facer un VIGUISMO INTEGRADOR,tal como é o espirito da FUNDACIÓN.

A Asociación Viguesa pola memoria histórica do 36 cumple o cometido de integrar ás familias que ainda hoxe siguen achegándose a nos para saber onde están soterrados os seus familiares, ou si sabemos o porqué os xusgaron militarmente, ou si podemos orientalos para buscar documentos que verifiquen os encausamentos, ou cando nos chaman do Concello - con una falta de pudor que asombra, - para que atendamos a persoas de diferentes lugares da xeografía española, e así o facemos porque axudar aos desprezados polas institucións é a nosa tarefa. Facemolo porque o sentimos, sentimolo porque tamén nos o sufrimos .

Outra tarefa que temos encomendada nos ESTATUTOS é o de señalar os LUGARES DE MEMORIA para que non desaparezan, e tantas familias ,arredor de mil en Vigo, saiban onde morreu o seu pai, avó, tío, curmán , etc e onde foi xusgado. Queremos saber. Temos dereito a saber, e a homenaxealos, e a demostrar que de acordó doa carta de dereitos humanos de NN.UU foron vítimas de crimes contra a humanidade.

E cando tiñamos dereito a ser apoiados polas autoridades de calquera entidade pública, soio temos atrancos e desprezo, sobor de todo do equipo de gobernó da cidade que nin contesta ás nosas peticiós de entrevista da forma máis antidemocrática que se pode sofrir, o “DESPREZO”.

E porén facemos un chamamento a diretiva da Fundación de Vigueses Fistnguidos para que teña en conta o problema que ten un membro da Fundación  e, para mellor coñecemento solicitamoslles  participar nunha reunión da diretiva que Vd preside.

O viguismo integrador é a nosa tarefa
Atentamente,   Telmo Comesaña Pampillón  (Presidente)   Vigo 08/02/2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario